Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.144

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 1998) sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de celebración do cuarto exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 6 de setembro de 1999 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de Xestión da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o cuarto exercicio da fase de oposición celebrarase o día 24 de setembro de 1999 ás 17.30 horas na Escola Galega de Adminsitración Pública, s/n en Santiago de Compostela, en chamamento único; abriranse as portas ó lugar de acceso para a realización do exame ás 17 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica e poderán levar textos legais sen comentarios, exluíndose os libros de consulta.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1999.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal