1. Entidade adxudicadora.
Concello de Gomesende (Ourense).
2. Obxecto do contrato.
Execución das obras de abastecemento e saneamento en Freiría, Levada e Val.
Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 7.299.000 pesetas.
5. Garantías.
Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación. As empresas clasificadas para a contratación de obras non terán que presentala.
6. Obtención de documentación e información.
Na casa do Concello de Gomesende (Sobrado). Tfno. 988 48 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.
7. Presentación das ofertas.
As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
8. Apertura das proposicións económicas.
Na casa do concello ás trece horas do cuarto días hábil seguinte (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.
9. Modelo de proposición.
Expediente de contratación das obras de...
Don/a..., con domicilio en..., núm. DNI..., en nome propio (ou en representación de...) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:
A).-Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto e dispón da clasificación requirida.
B).-Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e comprométese a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.
C).-Outras circunstancias:
C.1-Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas...(en letra e número).
C.2.-Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego:...(detállese).
(Lugar, data e sinatura do propoñente).
Gomesende, 30 de agosto de 1999.
Radigundo Castro Fernández
Alcalde

