A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 28-7-99, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela L-5E do polígono de Augas Férreas, solicitado por Antonio Yáñez Lombardía.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, e é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 16 de agosto de 1999.
Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Vº e prace
P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente-alcalde delegado de área

