Por resolución desta alcaldía nº 4688/99, do 19 de agosto de 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos e bases relativos ó ambito do PERI 7 «As Cancelas», en Perillo.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.
Oleiros, 20 de agosto de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

