A Comisión de Goberno, na súa sesión do 21 de decembro de 1998, aprobou inicialmente a modificación do vixente plan especial de ordenación do Campus Universitario (PE-8), promovido pola Unidade Técnica da Universidade de Santiago de Compostela.
En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expedeinte sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
A aprobación inicial da modificación determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensióin do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no plan especial vixente, non incumpran as determinacións do proxecto de modificación.
Para os efectos do previsto no artigo 42.6º da LSG publícase a seguir a relación das parcelas e propietarios afectados pola modificación do plan especial de paradoiro ou identidade descoñecida, ou que non puideron ser citados persoalmente para o trámite de información pública.
ANEXO
Expd. expropiaciónNúmero parcela PE-8 Número parcela
Titular
1, 4, 12, 15, 19, 119 e 143 Adoración Peleteiro Irago 6, 24, 30, 99, 113, 117 e 121 Victoria Vázquez Iglesias 8, 16, 23, 48, 57, 60, 62, 65, 70, 72, 76, 82, 90, 92, 101, 104, 111, 118, 130, 132, 140 e 145 Sara e irmáns Pérez Rouco 11 Jesús Iglesias Pérez e irmáns 36 e 74 Sara Pérez Rouco 44 e 174 Descoñecido 79 Arturo e Rosa Pérez Rouco 158 Cándida Carreira Senín 160 Miguel Ángel Pérez Salaño 175 José García Toral 176 Regina Figueiras Otero 190 José Fernández Nogueira 204 26 Seoane Ríos 211 María Iglesias
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1999.
O alcalde
Rubricado

