Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EDICTO.

O Pleno do Concello de Vigo do día 30 de agosto de 1999 adoptou acordo de incoación de expediente de declaración de nulidade de pleno dereito do PEPRI III-2 Finca do Conde, que na súa parte dispositiva di o seguinte:

Primeiro.-Inicia-lo expediente de declaración de nulidade de pleno dereito do PEPRI III-2 Finca do Conde aprobado definitivamente por acordo plenario do 16 de abril de 1998.

Segundo.-Suspende-la execución do mencionado PEPRI, ó abeiro do disposto sobre o particular no artigo 104 da Lei 30/1992, pois, noutro caso, a súa execución podería causar prexuízos de imposible ou difícil reparación.

Signifícase, ademais, o seguinte:

a) Que o acordo plenario de 30 de agosto de 1999 non é susceptible de recurso a teor do artigo 107 da Lei 30/1992.

b) Que o procedemento de revisión debe rematar e notificarse a súa resolución no prazo máximo de tres meses, contados desde a data da incoación (30 de agosto de 1999), agás que proceda suspender este prazo (Art. 42.5º Lei 30/1992), ou amplialo excepcionalmente (Art. 42.6º Lei 30/1992, modificada por outra 4/1999, do 13 de xaneiro).

c) Que se pon de manifesto o expediente para que os interesados, polo termo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á derradeira publicación do edicto que se publicou no Diario Oficial de Galicia e no BOP, formulen alegacións e presenten os documentos e xustificantes que coiden procedentes no rexistro xeral do concello, ou no Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Vigo, 8 de setembro de 1999.

Marcial Garcinuño Sáez

Secretario xeral

Vº e Prace

Luis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente