Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 12-8-1999, foi aprobado pola Comisión de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de saneamento en Os Blancos, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 6.816.000 ptas.

Fianza provisional: 136.320 ptas.

Fianza definitiva: 272.640 ptas.

Proposicións: presentaranse no rexistro de entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte (agás sábados), a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Teléfono: 988 46 75 06. Fax: 988 46 75 67.

Os Blancos, 12 de agosto de 1999.

José Juan Puga Quintás

Alcalde