Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 15 de setembro de 1999 Páx. 11.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 12-8-1999, foi aprobado pola Comisión de Goberno, o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de beirarrúas nos Cuquexos, Guntín, Pexeirós, o que se expón o público na secretaría do concello polo prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Así mesmo, anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 12.080.000 ptas.

Fianza provisional: 214.600 ptas.

Fianza definitiva: 483.200 ptas.

Proposicións: presentaranse no rexistro da entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil (agás sábados) seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Tfno: 988 46 75 06.

Os Blancos, 13 de agosto de 1999.

José Juan Puga Quintas

Alcalde