Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que abrangue o proxecto do parque eólico Álabe-Refachón. (Expediente 038-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., as instalacións que a continuación se describen.

Obxecto de información pública.

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de exe

cución e do proxecto sectorial das instalacións que abrangue o proxecto do parque eólico Álabe-Refachón.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Acciona Eólica de Galicia, S.A., praza de Ferrol, nº 6, 27001 Lugo.

Situación: concello de Abadín e concello de Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (0.613.910, 4.809.965); V (0.613.750, 4.810.210)

V (0.614.100, 4.810.600); V (0.614.660, 4.810.600)

V (0.614.780, 4.810.820); V (0.615.210, 4.810.950)

V (0.615.210, 4.811.600); V (0.616.387, 4.810.933)

V (0.616.610, 4.810.452); V (0.615.420, 4.810.174)

V (0.615.420, 4.809.431)

Características técnicas do parque eólico.

-Nº de aeroxeradores: 32.

-Potencia nominal unitaria: 750 kW.

-Potencia total instalada: 24 MW.

-Tipo de aeroxerador: Neg-Micon NM750/44.

-Producción neta anual estimada: 79.148 Mwh/ano.

-Orzamento total: 3.237.308.594 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión.

-32 aeroxeradores tipo Neg-Micon NM750/44 de 750 kW de potencia nominal unitaria.

-32 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxías a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e centros de recollida de media tensión.

-5 centros de recollida de media tensión para optimización de transporte de enerxías dotados cada un de transformador para servicios auxiliares e da súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Álabe-Refachón, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares.

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, árbores, postes ou outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións a el que consideren axeitadas, nesta delegación provincial situada no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Álabe-Refachón poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medioambiente en Lugo e concellos de Muras e Abadín, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta delegación provincial, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Cómpre facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 22 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Álabe-Refachón

Concello de Abadín

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos

do

solo

Lugar

Nome e apelidos

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

(*)

43Monte baixoAira VellaDescoñecido6941.5841698,177238,4239812,3731150,32

44Monte baixoAira VellaEmérita Carballedo PardiñoEnderezo descoñecido1840,977640,002464,3213460,204646,70

PREDIOPROPIETARIOAFECCIÓN (m)

Nº en

plano

Usos

do

solo

Lugar

Nome e apelidos

Enderezo

S.E.

S.P.

S.V.

P.E.

O.T.

(*)

45Monte baixoAira VellaElías Vizoso CoiraCarboeiro, 2, Montouto

Abadín 27737 Lugo

0,004479,910,00406,792596,51

46LabradíoAira VellaJosefa Gil GrañaCarboeiro, 1, Montouto

Abadín 27737 Lugo

0,0015403,350,000,009573,39

47Monte baixoPenido da

Caxigueira

Elías Vizoso CoiraCarboeiro, 2, Montouto

Abadín 27737 Lugo

0.00933,8292,581970,921510,47

48Monte baixoPenido da CaxigueiraErmitas Pardiño TrastoyCabanapalloza-Montouto

Abadín 27737 Lugo

1891,481822,961597,968758,341282,77

49Monte baixoTerreiroElías Vizoso CoiraCarboeiro, 2, Montouto

Abadín 27737 Lugo

0,00808,500,000,00779,91

50Monte baixoTerreiroErmitas Pardiño TrastoyCabanapalloza

Montouto-Abadín

27737 Lugo

0,002,840,000,0064,27

65Monte baixo

Aira Vella

M.V.M.C. de Montouto

Presidente Jesús Vizoso Coira

Ponte nº 2, Montouto

Abadín 27737 Lugo

11597,6590534,7119064,56108075,8351694,45(2)

Pasteiro

Hidroener, S.A. (dereito de superficie)

R/ Ribadeo, 2, entreplanta, 27002 Lugo9916,4853454,729435,2544560,4338997,65(2)

74Camiño

existente

Descoñecido0,001427,950,000,000,00

(2) Expropiación do dereito de superficie constituído a favor de Hidroener, S.A.

S.E.: superficie expropiación.

S.P.: servidume de paso.

S.V.: superficie voo.

P.T.: superficie protección eólica.

O.T.: ocupación temporal.