Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 06 de outubro de 1999 Páx. 12.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 16 de setembro de 1999, do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña, polo que se anuncia a toma de posesión provisional de predios da zona de concentración parcelaria da zona de Cerceda-Cebreiro (O Pino-A Coruña).

Rematada a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cerceda e Cebreiro (O Pino-A Coruña) e non excedendo o número de recursos presentados e pendentes de resolver do seis por cento dos titulares das explotacións, nin representando os reclamantes máis do dez por cento da superficie concentrada, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolveu dar posesión provisional dos novos predios, establecendo como data límite para esta o día 15 de outubro de 1999. A dita toma de posesión é obrigatoria para tódolos interesados e enténdese sen prexuízo das rectificacións que procedan como consecuencia dos recursos que prosperen (artigo 44 da Lei de concentración parcelaria para Galicia). No caso de que algún propietario non permita a toma de posesión dos predios de substitución, no prazo indicado, será obxecto, logo de apercibimento, de compulsión directa, tal e como establece o artigo 45 da antedita lei.

Os interesados poderán reclamar ante esta xefatura, sita na praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta da

Coruña xuntando dictame pericial, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e o que conste no expediente de concentración, no prazo de trinta días contados desde o día 16 de outubro de 1999 (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Para os efectos oportunos establécense os seguintes prazos de toma de posesión:

a) Labradío sen colleita pendente, prados e pasteiros: ata o día 15 de outubro de 1999.

b) Os restantes predios, no momento de ser retiradas as colleitas que estiveran pendentes de recolección no día antes citado.

c) En relación coas árbores existentes nos predios recoméndase, na medida do posible, chegar a un acordo entre contribuínte e adxudicatario. En caso contrario, poderán ser retiradas polos propietarios das parcelas de contribución no prazo de seis meses contados a partir do día 16 de outubro de 1999, logo de petición á Xefatura de Servicio de Montes e Industrias Forestais do preceptivo permiso e o informe favorable do Servicio de Medio Ambiente Natural, da Consellería de Medio Ambiente no caso de ser especies autóctonas protexidas. Transcorrido o referido prazo entenderase que pertencen ó propietario do novo predio.

A Coruña, 16 de setembro de 1999.

Rodolfo Rodríguez González

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais da Coruña