A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 25), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede á súa convocatoria, prevé, no seus anexos I e II, a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación.
Na súa virtude, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación, creada por Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio), e a orde de Consellería de
Presidencia e Administración Pública do 2 de abril de 1999 (DOG do 4 de maio), esta secretaría xeral, con data do 29 de xullo de 1999 (DOG do 25 de agosto), resolveu conceder axudas para a realización de proxectos de investigación por parte de novos equipos (equipos de iniciación á investigación) e equipos consolidados, así como prever que no caso de que se produza algunha renuncia dos proxectos concedidos ou sexa posible algún incremento de créditos, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento poderá adxudicarlles axuda ós proxectos que aínda que teñan avaliación favorable non acadaron no proceso de selección a prioridade suficiente, e que figuran na lista de suplentes elaborada pola comisión de selección de investigación. Tendo en conta que os remanentes doutros programas ou accións permiten o financiamento dos ditos proxectos, esta secretaría xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación de novos equipos e
equipos consolidados ás persoas que se citan no anexo I desta resolución.
Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa
vixente redacción dada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1999.
Miguel Ángel Ríos Fernández
Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento
ANEXO I
INVESTIGADOR PRINCIPAL CÓDIGO TÍTULO ANOS CANTIDADES EN MILES DE PESETAS
1999 2000 2001 TOTAL
VILARIÑO RODRÍGUEZ, ANTÓN
SÁINZ OSES, Mª JESÚS CSIC
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2.292
2.127 842
842 303
304
VILARIÑO RODRÍGUEZ, ANTÓN PGIDT99PXI40001B USO DA DIVERSIDADE DE FUNGOS FORMADORES DE MICORRIZA ARBUSCULAR (MA) EN SOLOS NATURAIS CON VEXETACIÓN BASEADA EN LEGUMINOSAS ARBUSTIVAS PARA A PREPARACIÓN DE BIOFERTILIZANTES 3 4.419 1.684 607 6.710 SUBPROXECTOS:
GALLEGO VEIGAS, PEDRO PABLO PGIDT99PXI30102A DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS EFICACES E REPRODUCIBLES DE TRANSFORMACIÓN XENÉTICA DE PLANTAS LEÑOSAS 3 4.406 1.495 336 6.237
ALFONSO PALLARES, MIGUEL PGIDT99PXI30101B MECANISMOS DE ACCIÓN E PROTECCIÓN DO METILMERCURIO SOBRE A NEUROTRANSMISIÓN DOPAMINÉRXICA NO NÚCLEO ESTRIADO 3 4.155 1.360 385 5.900
RISSO MIGUES, ALICIA GLORIA PGIDT99PXI10603B ACTITUDES DO PROFESORADO CARA Á INTEGRACIÓN DE NENOS/AS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS 2 1.875 625 0 2.500
SABATE PLANES, DOLORES PGIDT99PXI20404A ESTUDIO E TRADUCCIÓN Ó GALEGO DA NARRATIVA BREVE EN LINGUA ALEMANA (1945-1960) 3 594 528 198 1.320
PALACIOS GONZÁLEZ, MANUELA PGIDT99PXI20403A CARA A UN NOVO MODERNISMO: ESTUDIO DA POESÍA DE MULLERES EN GRAN BRETAÑA 3 594 528 198 1.320
ÁLVAREZ LÓPEZ, JESÚS ANTONIO PGIDT99PXI20701B XEOMETRÍA E ANÁLISE GLOBAL EN FOLIACIÓNS: DINÁMICA TRANSVERSA, FOLLAS XENÉRICAS E ECUACIÓN DA CALOR FOLIADA 3 792 704 264 1.760
CARCELEN FERNÁNDEZ, ENRIQUE PGIDT99PXI29102A ANÁLISE DE FACTORES CONDICIONANTES DO CULTIVO DE PEQUENOS FROITOS NA GALICIA INTERIOR 2 3.272 1.110 0 4.382
BALIÑAS FERNÁNDEZ, CARLOS AMABLE PGIDT99PXI20501B CLAVES SIMBÓLICAS DE SENTIDO NA FILOSOFÍA E NA VIDA COTIÁ 3 571 508 191 1.270
SILVA HERMO, BENITA PGIDT99PXI20303B BIORRECEPTIVIDADE DE ROCHAS GRANÍTICAS. APLICACIÓN Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO MONUMENTAL CONSTRUÍDO 3 5.880 1.860 660 8.400

