Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. Praducelo-Bustofrío, concello de Samos. (Expediente 024/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Presentáronse neste expediente as seguintes alegacións:

a) A primeria de Elvira Celeiro Montero, quen, con respecto ó predio da súa propiedade, identificado co número 2 dos afectados polo presente expediente, alega a existencia de prohibición para a imposición de servidume de paso segundo o artigo 25 do Decreto 2619/1966, ó tratarse dun terreo destinado a horta, no que están plantadas árbores froiteiras como elemento unido á vivenda de superficie inferior a media hectárea.

b) A segunda tamén de Elvira Celeiro Montero, quen, con respecto ó predio da súa propiedade, iden

tificado co número 31 dos afectados polo presente expediente, alega así mesmo a existencia de prohibición para a imposición de servidume de paso segundo o artigo 25 do Decreto 2619/1966, ó tratarse dun terreo destinado a horta, pegado á casa, no que están plantadas árbores froiteiras, que ademais inclúe un garaxe e outros servicios á vivenda.

Esta delegación provincial entende que tales alegacións non poden ser tidas en conta polas razóns seguintes:

a) Con respecto a primeira alegación presentada por Elvira Celeiro Montero por canto o predio non está cercado nin pegado a vivenda algunha polo que non existe prohibición nin limitación para a imposición da servidume de paso tal e como se recolle no informe feito polos servicios técnicos desta delegación provincial.

b) Con respecto á segunda alegación presentada por Elvira Celeiro Montero, por canto o predio non está pegado á vivenda, senón separado por un camiño que dá tamén acceso á outras vivendas, sendo o feito da existencia dun garaxe unha circunstancia que non impide o establecemento da servidume polo cal tampouco existe prohibición nin limitación para imposición de paso tal e como se recolle no informe feito polos servicios técnicos desta delegación provincial.

Sendo competente esta organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea o C.T. de Praducelo, de 20 kV, con orixe no apoio número 45 da L.M.T. ó C.T. Louzarela e remate no C.T. de Praducelo, cunha lonxitude de 0,92 km, conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e apoios de formigón e metálicos.

2. Liña de media tensión aérea o C.T. de Bustofrío, de 20 kV, con orixe no apoio número 6 de L.M.T.

ó C.T. de Praducelo e remate no C.T. de Bustofrío, cunha lonxitude de 0,819 km. Conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e apoios de formigón.

3. Centro de transformación intemperie de Praducelo, situado en Praducelo cunha potencia de 50 kVA.

4. Centro de transformación intemperie de Bustofrío, situado en Bustofrío, cunha potencia de 50 kVA.

5. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Praducelo, con orixe no C.T. de Praducelo, cunha lonxitude de 0,225 km, conductor tipo/sección R.Z.K.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm e apoios tipo H/5.

6. Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Bustofrío, con orixe no C.T.A. de Bustofrío, con unha lonxitude de 0,23 km, conductor tipo/sección R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,7/1 kV-3x25 Al+54,6 Alm, R.Z.-0,6/1 kV-2x25 Al e apoios tipo H/4.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 10 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulaemnto da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previas, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 12 de xuño de 1999, Diario Oficial de Galicia, do 15 de xuño de 1999 e no diario El Progreso, do 10 de xuño de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio

no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 1 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo