Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios do Baixo Miño.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios do Baixo Miño que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: actividades empresariais.

Asinan a acta de constitución: Luis Mariano Farias Fernández e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de setembro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra