En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Detectives Privados que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación como asociados exercentes tódolos profesionais que estean en posesión do certificado-diploma expedido polos institutos universitarios de criminoloxía, e posúan a correspondente habilitación oficial para o exercicio da profesión de detective privado. Tamén poderán formar parte da dita asociación os
detectives que sen contar co referido diploma, se encontren en posesión da correspondente habilitación oficial para o exercicio profesional.
Asinan a acta de constitución: Víctor Fernández Martínez e nove persoas máis.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais

