Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de referencia OU 202/98P e catro máis (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e ó seu Regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do primeiro día de firmeza desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18-5ª planta, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 20 de agosto de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 202/98-P.

Denunciado: Julio Joaquín Losada Fojo.

DNI: 44.446.156.

Último domicilio coñecido: rúa Alfonso X, 13-1º D, Ourense.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO II

Expediente: OU 203/98-P.

Denunciado: José Antonio Prada Pérez.

DNI: 34.608.242.

Último domicilio coñecido: r/ Mesón, 25, Ceboliño, Ourense.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO III

Expediente: OU 205/98-P.

Denunciado: José Andrés Fernández Iglesias.

DNI: 35.986.087.

Último domicilio coñecido: r/ Barbantes Estación, Cenlle, Ourense.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO IV

Expediente: OU 207/98-P.

Denunciado: Jesús Pueyo Giménez.

DNI: 18.985.333.

Último enderezo coñecido: rúa Pascual, 4, Castellón.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

ANEXO V

Expediente: OU 78/99-P.

Denunciado: Iván Couceiro Fernández.

DNI: 44.454.588.

Último domicilio coñecido: rúa Alexandre Bóveda, 9-baixo, Ourense.

Feito probado: pescar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un año.