Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 07 de outubro de 1999 Páx. 12.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación das incoacións dos expedientes sancionadores por infracción da Lei de pesca fluvial, referencia OU 109/99P e OU 137/99P (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións da Lei 7/1992 do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 20 de agosto de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado Provincial de Ourense

ANEXO I

Expediente: OU 109/99P.

Denunciado: Juan Manuel Casco Morán.

DNI: 44.428.502.

Último domicilio coñecido: Primero de Mayo, bloque 8-2º Esquda. Ourense.

Feito denunciado: pescar sen licencia en vigor.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de entre 50.001 pesetas e 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Instructora: Miriam López Areal.

ANEXO II

Expediente: OU 137/99P.

Denunciado: Manuel Fernández Vázquez.

DNI: 34.925.596.

Último domicilio coñecido: Ramón Puga, 19. Ourense.

Feito denunciado: pescar ás 3 horas da madrugada, utilizando unha cana de cinco corpos e catro sedelas dormentes, tres con dous anzois.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 35.5º da Lei de pesca fluvial.

Sanción: multa de entre 500.001 pesetas e 5.000.000 de pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano e un día a tres anos.

Instructora: Miriam López Areal.