A Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, (área A Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e en cumprimento do previsto no artigo 94 da Ley 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación dos seguintes concursos:
Concurso público 1/1999.
Lote: único.
Obxecto: servicio de mantemento, reparación e conservación de edificios.
Adxudicación: 11.971.200 ptas.
Adxudicatario: Eulen, S.A.
Concurso público 2/1999.
Lote: único.
Obxeto: servicio de comedor do SEU da Coruña.
Adxudicación: 6.298.000 ptas.
Adxudicatario: Josmaga, S.A.
A Coruña, 4 de agosto de 1999.
Luis Verde Remeseiro
Director xerente de Atención Primaria
da Coruña-Ferrol

