Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, en relación co recurso contencioso-administrativo en procedemento ordinario nº 3/1999, interposto por Francisco Busto Lodeiro e outros, contra resolución da Dirección Xeral de Transportes do 15-6-1999, pola que se informa desfavorablemente a solicitude de revogación de 69, autorizacións da serie VT-N outorgadas por transmisión nos últimos 5 anos polo Servicio Provincial de Transportes da Coruña, esta dirección xeral resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña, no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 49 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes

