Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de setembro de 1999 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Temas transversais e educación de actitudes. Proposta para unha intervención integral a propósito da prevención de infección polo VIH/SIDA.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1999.

José María Hernández Cochón

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Temas transversais e educación de actitudes. Proposta para unha intervención integral a propósito da prevención de infección polo VIH/SIDA.3.000 pesetas (18,03 euros).