III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS
CORRECCIÓN de erros.-Decreto 260/1999, do 17 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Cambados (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a realización do proyecto: obras de infraestructuras na rúa Vicente Risco, 2ª fase.
Advertido erro na colocación do devandito decreto, publicado no DOG nº 193, do pasado martes, 5 de outubro, cómpre realiza-la oportuna corrección.
Nas páxinas 11.921 (sumario) e 11.951, onde di: «CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA», debe dicir: «CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS».