Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999 pola que se convocan unhas xornadas sobre actualización en materia de seguridade vial.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1999, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre actualización en materia de seguridade vial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos:

-Analiza-las últimas modificacións da Lei de seguridade vial e os seus regulamentos.

-Estudio e análise do novo Regulamento xeral de vehículos.

-Coñece-los últimos datos sobre a seguridade vial na Comunidade Autónoma e a súa evolución.

-Estudio da sinistrabilidade desde a óptica das compañías aseguradoras.

-A litixiosidade contencioso-administrativa sobre a materia, segundo a vixente lei da dita xurisdicción. O novo procedemento abreviado e a defensa da Administración demandada.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 30 de novembro de 1999, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Duración e datas.

As xornadas desenvolveranse durante os días 13 e 14 de decembro de 1999, en xornadas de mañá e tarde.

O horario será o seguinte:

Día 13: das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.15 ás 20 horas.

Día 14: das 10 ás 14 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 2 de decembro no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono 986 59 00 21.

Lugar.

As xornadas terán lugar no salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 23 de setembro de 1999.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade