En cumprimento do establecido no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, esta dirección xeral acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de subministracións nos seguintes termos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: equipamento da residencia O Meixoeiro (4 lotes).
b) Data de publicación: DOG nº 70, do día 14-4-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: 14.960.000 ptas. (89.911,41 euros).
5. Adxudicación.
a) Data: 19-7-1999.
b) Contratista: lote 1: Telefónica España; lote 2: Xerox, S.A.; lote 3: O.R.5 Calivida; lote 4: Ekipo S.C.Lda.
c) Importe: lote 1: 2.099.580 pesetas (12.618,73 euros); lote 2: 1.441.300 pesetas (8.662,39 euros); lote 3: 8.637.920 pesetas (51.914,94 euros); lote 4: 1.946.747 pesetas (11.700,18 euros).
d) Prazo de adxudicación: lote 1: 30 días; lote 2: 7 días; lote 3: 30 días e lote 4: 30 días.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.
Manuel Aguilar López
Director xeral de Servicios Sociais

