No uso da competencia sobre as axudas do fondo nacional de asistencia social -a anciáns e a enfermos ou inválidos incapacitados para o traballo- reguladas polo Real decreto lexislativo 2620/1981, do 24 de xullo, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución provisional enviada no seu día; notifícaselle ó interesado citado no anexo, a resolución dictada pola delegación de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia, en relación co seu expediente do fondo nacional de asistencia social.
Contra esta resolución provisional poderá formular, dentro dos dez días seguintes, á data en que se publique este edicto, as alegacións e probas pertinentes ante esta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais. Transcorrido o prazo de dez días, sen que formulen alegacións, a presente resolución
elevarase a definitiva, podendo interpoñer contra ela, dentro do mes seguinte, recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais conforme o disposto nos artigos 107.1º e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro. De conformidade co previsto na Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto), a reclamación do reintegro das prestacións correspondente ós órganos recadadores competentes da Consellería de Economía e Facenda.
Lugo, 9 de setembro de 1999.
Luis Abades Álvarez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Solicitante: Ferreiro Méndez, José.
DNI: 33.607.260.
Resolución: cesamento.
Causa: non reuni-los requisitos.
Fundamentos de derecho: artigo 1.1º e 2 R.D. 2620/1981, do 24 de xullo.
Débeda: 1.185.507 ptas.

