Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 1999 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, Emilio Sánchez Coto e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:
Expediente número 6/1998:
Denominación: monte de Argomoso.
Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Argomoso.
Concello: Mondoñedo.
Superficie: 263 ha.
Estremas parcela I:
Norte: predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: predios particulares.
Estremas parcela II:
Norte: predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: monte Moncapelo das parroquias de Argomoso, Lindín e Maior-Santa María polo cumio da lomba de Moncapelo, e termo do concello da
Pastoriza. Oeste: montes da parroquia de Mondoñedo-Santiago.
Estremas parcela III:
Norte: predios particulares. Leste: predios particulares. Sur: predios particulares. Oeste: predios particulares.
Expediente número 11/1998:
Denominación: monte Penedo do Val de Abraira.
Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Fonteboa e Fonlor.
Parroquia: Zanfoga.
Concello: Pedrafita do Cebreiro.
Superficie: 9 ha.
Estremas:
Norte: monte da parroquia de Veiga de Forcas e máis monte dos veciños de Fonteboa. Leste: monte e propiedades particulares dos veciños de Fonteboa e Fonlor. Sur: camiño veciñal. Oeste: pista de Fonteboa a Chan Dombea e propiedades particulares dos veciños de Fonteboa e Fonlor.
Descrición do perímetro: comezando no punto coñecido como Valigoto do Val de Abraira situado na confluencia da pista de Fonteboa a Chan Dombea, co límite da parroquia de Veiga de Forcas, segue en liña recta, cara ó noroeste, uns 225 metros. Chega ó monte de Covallón e cambia rumbo sueste, baixando por unha valgada, e limitando cos predios particulares propiedade dos veciños seguintes: Manuel López López, Jesús Fonteboa Vecín, Manuel López López, Pedro Fontao Cela, Amable López Aira, ata topar co camiño da Toca, que une Casa Roque coa pista de Fonteboa a Chan Dombea. Segue polo camiño e a pista anteriormente citados e conclúe no punto de partida, Valigoto do Val de Abraira.
Expediente número 15/1998:
Denominación: monte Cadaval, Louseiras e Toxal Novo.
Comunidade propietaria: veciños do lugar de Vilaseñor.
Parroquia: Vilarente.
Concello: Abadín.
Superficie: 10,50 ha.
Estremas:
Parcela I-Cadaval (6 hectáreas):
Norte: monte da comunidade de Abeledo. Leste: estrada e termo municipal da Pastoriza. Sur: camiño ou pista e predio particular de Modesto Expósito González. Oeste: predios particulares de veciños de Vilaseñor.
Parcela II-Louseiras (2 hectáreas):
Norte: predios particulares de veciños de Vilaseñor. Leste: camiño e predios particulares. Sur: máis predios particulares de veciños de Vilaseñor. Oeste: máis predios particulares de veciños de Vilaseñor.
Parcela III-Toxal Novo (2,5 hectáreas):
Norte: predios particulares de veciós de Vilaseñor e Vilarente. Leste: predios particulares de veciños de Vilaseñar e Vilarente. Sur: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente. Oeste: predios particulares de veciños de Vilaseñor e Vilarente.
(Exclúense desta clasificación os predios propiedade de Modesto Expósito González, Belarmino García Rodríguez e Manuel Cabado Seoane).
Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lugo, 15 de xuño de 1999.
Luis González Vázquez
Presidente do Xurado Provincial de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo

