Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven varios expedientes de clasificación de montes desta provincia (10/1995 e dez máis).

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 1999 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia do vicepresidente Francisco Caamaño Pajares, os vocais Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón, Emilio Sánchez Coto e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número 10/1995: monte Muria, Cruces, Confitela e Aranda, no lugar de Castelmaría, parroquia de Quintá, concello de Becerreá.

Expediente número 17/1998: monte Salto-N e Coto da Barroca-N, nos lugares de Venta e Guioncho, parroquia de Lieiro, concello de Cervo.

Expediente número 18/1998: monte das Gándaras, Gándara Vella, Lamaxuanas e Coutado, na parroquia de Santo André de Chamoso, concello do Corgo.

Expediente número 19/1998: monte das Gándaras, na parroquia do Corgo, concello do Corgo.

Expediente número 20/1998: monte de Adai, na parroquia de Adai, concello do Corgo.

Expediente número 21/1998: monte de Cerceda, na parroquia de Cerceda, concello do Corgo.

Expediente número 22/1998: monte Cotón, Castrillón-Lama Grande e Guzal, na parroquia do Alto, concello do Corgo.

Expediente número 24/1998: monte de Cabántigos e da Güela, na parroquia de Vilamaior, concello de Sarria.

Expediente número 25/1998: monte Louxeira, no lugar de Saa, parroquia de Insua, concello de Vilalba.

Expediente número 26/1998: monte Mouzón, no lugar de Cotoriña, parroquia de Insua, concello de Vilalba.

Expediente número 27/1998: monte de Rigueira, na parroquia de Rigueira, concello de Xove.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 15 de xuño de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo