De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador (I-136/1999 e dous máis) por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.
Así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.
O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestais, sito en Cabanas-Salcedo, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se
efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.
Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Cabanas-Salcedo (Pontevedra).
O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 12 de agosto de 1999.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Último enderezo coñecido
Expediente Denunciado
Feito denunciado Precepto Sanción Infrinxido Sancionador
O Toural de Abaixo, 6, baixo
36207 Vigo
Chandebrito, 21
36350 Nigrán
Barragáns, 21
36157 Campañó
I-136/1999 Felipe Daniz Fernández
Abandono dun vehículo en zona forestal Artigo 137 e) do Regulamento da LIF Artigo 139 do Regulamento da LIF 50.000 I-159/1999 Darío González Salgueiro
Abandono dun vehículo en zona forestal Artigo 137 e) do Regulamento da LIF Artigo 139 do Regulamento da LIF 50.000 I-213/1999 Purificación Limeres Cochón
Abandono dun vehículo en zona forestal Artigo 137 e) do Regulamento da LIF Artigo 139 do Regulamento da LIF 50.000

