De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.
De acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá de non interpor recurso de alzada dentro de prazo, o importe da sanción deberá facerse efectivo no prazo de quince días hábiles a través dos impresos normalizados que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, sita no edificio administrativo da Xunta de Galicia, Ronda da Muralla 70. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.
ANEXO
Expediente: IF-255/1998.
Denunciado: Madera Basanta, S.L. (DNI 27.014.141-B).
Enderezo: Eijo Garay, nº 27, Cervo-Burela (Lugo).
Feito denunciado: abandonar un vehículo no monte, marca Ford-Canadá, matrícula LU-6942-C; está prohibido acumular lixo en zonas forestais, sen autorización.
Precepto sancionador: artigo 136j) 137e) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 50.000 ptas. de multa.
Expediente: IF 289/1998.
Denunciado: Daniel Oliveira Sampayo (DNI OR/006471).
Enderezo: Avda. de Santiago, nº 50, Ourense.
Feito denunciado: abandonar un vehículo en masa forestal, marca Seat-124/matrícula OR-3656-B; está prohibido depositar lixo, restos industriais ou de calquera tipo que supoña perigo de incendio forestal.
Precepto sancionador: artigo 136j) 137e) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 50.000 ptas. de multa.
Expediente: IF 323/1998.
Denunciado: José Francisco Mouzo Balsa (DNI 32.444.542).
Enderezo: r/ José Costa Alonso, nº 28-1º B, Moaña (Pontevedra).
Feito denunciado: abandonar un vehículo en zona de arboredo e en contacto co mato, marca Renault-4/matrícula C-5821-AB, susceptible de provocar ou intensificar un incendio.
Precepto sancionador: artigo 136j) 137e) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 50.000 ptas. de multa.
Expediente: IF 29/1999.
Denunciado: Blancer, S.L. (DNI 27.027.333).
Enderezo: Río Pedroso-Magazos-Viveiro (Lugo).
Feitos imputados: abandonar un vehículo nun lugar poboado de mato e rodeado de plantacións de eucalipto, marca Seat-127/nº bastidor HA123759, susceptible de provocar un incendio forestal ou intensificalo se se produce en lugar próximo.
Precepto sancinador: artigo 136j) 137e) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 50.000 ptas. de multa.
Expediente: IF 65/1999.
Denunciado: José Luis Gómez Alonso (DNI 76.401.928).
Enderezo: Céltigos-O Viso-Ortigueira (A Coruña).
Feitos imputados: abandonar un vehículo en contacto con mato e arboredo, marca Citroën CX/matrícula LU-1145-D, susceptible de provocar ou intensificar incendio.
Precepto sancionador: artigo 136j) 137e) do Regulamento de incendios.
Cualificación infracción: grave.
Sanción: 50.000 ptas. de multa.
Lugo, 30 de agosto de 1999.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo

