Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de agosto de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dun monte desta provincia 2/1999.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número 2/1999.

Denominación: montes de Pedriña.

Comunidade propietaria: veciños dos lugares de Lama de Rei, O Mosteiro e Queirugal.

Parroquia: O Mosteiro.

Concello: Cervantes.

Superficie: 82 ha.

Estremas:

Norte: monte de San Tomé de Cancelada. Leste: predios particulares dos lugares de Lama de Rei, O Mosteiro e Queirugal. Sur: monte de San Martiño das Cañadas. Oeste: monte de Santo André das Nogais.

Descrición do perímetro: empezando polo extremo noroeste en Monte Redondo no límite co concello das Nogais, baixa na dirección oeste-leste por un teso limitando co monte de San Tomé de Cancelada, por Marco Solleiro, Penachá, Lameira Longa e Regueiro de Biduedo, xa nos predios particulares. Polo leste segue un cerramento cos termos de Vilafrial, Bolois e Vilaxán, e polo sur co monte de San Martiño das Cañadas sobe polo Teso do Barbeito ata Pena da Bruita, xa no límite co concello das Nogais, que despois segue cara ó norte polos marcos de termos ata chegar a Monte Redondo, onde se comezou.

Dentro deste termo veciñal descrito quedan comprendidos predios particulares e os núcleos de poboación de Lama de Rei, O Mosteiro e Queirugal.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o 9 de decembro de 1998, e en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de apli

cación, por este edicto faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 31 de agosto de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo