Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1999 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: control de calidade da obra de construcción de 36 vivendas, garaxes, rochos e locais na parcela 24, sector 3, no polígono de Esteiro, Ferrol, expediente: C-97/030.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 10-9-1999.

Adxudicatario: CYE, S.L.

Importe: 3.210.402 ptas. (IVE incluído).

2. Título: construcción de lucernarios nos patios do grupo do Roeiro, no polígono de Vite, Santiago de Compostela, expediente: C-99/REP 05.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data de resolución de adxudicación: 10-9-1999.

Adxudicatario: Constructora Cando, S.L.

Importe: 30.455.434 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1999.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo