De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a imposibilidade de practica-la notificación á empresa 3S Vigilancia y Protección, S.A., no lugar indicado como domicilio, por ser devolta polo servicio de correos, e despois da remisión para a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Madrid, notifícaselle que por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 19 de xullo de 1999, dictada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 6-4-1995, se acordou a resolución do contrato administrativo relativo ó servicio de vixilancia encargado da seguridade das instalacións na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo. Expediente: C01342, adxudicado á empresa 3S Vigilancia y Protección, S.A., con incautación da fianza definitiva por importe de 440.000 ptas.
constituída mediante aval bancario depositado na Caixa Xeral de Depósitos (nº rexistro 1993/96) da Subdirección Xeral do Tesouro da Consellería de Economía e Facenda.
Contra a antedita resolución, que é definitiva en vía administrativa, de conformidade co nº 31 e seguintes do artigo 1 da Lei 4/1999 que modifica entre outros o artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou poderá ser impugnado directamente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o xulgado competente da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1999.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

