Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación dos servicios de mensaxería do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios

de mensaxería do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 23/99.

2. Obxecto do contrato: servicios de mensaxería do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: mensaxería local e rexional.

Lote 2: mensaxería nacional.

Lote 3: mensaxería internacional.

O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co Art. 173.1º a) da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Período de vixencia: un ano, prorrogable por outros catro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.447.571 ptas. (nove millóns catrocentas corenta e sete mil cincocentas setenta e unha pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: 2.330.020 ptas.

Lote 2: 412.500 ptas.

Lote 3: 6.705.051 ptas.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote/s ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día natural seguinte á publicación do anuncio de con

curso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidir en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica