Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DOS BLANCOS

ANUNCIO.

Con data do 1 de setembro de 1999, a Comisión de Goberno aprobou o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de accesos a Fonte Arcada, que se expón ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Anúnciase, ademais, a licitación para adxudica-lo contrato mediante concurso polo trámite de urxencia.

Tipo de licitación: 10.600.709 pesetas.

Fianza provisional: 212.014 pesetas.

Fianza definitiva: 424.028 pesetas.

Proposicións: presentaranse no Rexistro de Entrada do concello durante o prazo de 13 días contados desde o seguinte á última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Os criterios de valoración e a documentación para tomar parte no concurso figura no expediente que consta na secretaría do concello.

A apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte (agás sábados) ó de remate do prazo de presentación das ofertas.

Información: Concello dos Blancos.

Teléfono: 988 46 75 06, fax: 988 46 15 67.

Os Blancos, 1 de setembro de 1999.

O alcalde

Rubricado