Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso para adxudica-la seguinte subministración:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

2. Obxecto: adquisición de contedores de 800 litros para recolla de lixo, para entregar no prazo máximo de 20 días no mercado de gando (travesía exterior de Lalín).

3. Tipo de licitación: 4.900.000 ptas. (IVE incluído).

4. Obtención de documentación e publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estará de manifesto tódolos días hábiles, e ata o día anterior ó de remate de presentación de proposicións, nas oficinas municipais, secretaría. Durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio poderanse presentar reclamacións contra él, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

5. Garantía provisional: 2% do tipo.

6. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG. A oferta manterase durante o prazo de tres meses.

8. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello ás 13 horas do día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións; de coincidir en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario de conformidade co establecido no prego.

Lalín, 29 de setembro de 1999.

Camilo González Bodaño

Concelleiro delegado de Lalín