O Concello Pleno, en sesión do día 29 de xullo do 1999, tomou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO relativo ó artigo 131.16º da normativa e a adscrición a sistemas xerais de zonas verdes do contorno do DEP-10 de Oleiros.
Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte á súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).
Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo.
Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.
Oleiros, 30 de agosto de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta

