O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a través de contrato de consultoría e asistencia, os seguintes traballos:
Obxecto: redacción do plan parcial para o desenvolvemento do sector SUP-2R de Meixonfrío, en Sta. Cruz (Liáns).
Orzamento de licitación: 3.270.330 ptas. (IVE incluído).
Fianzas.
Provisional: 65.407 ptas.
Definitiva: 130.813 ptas.
Prazo de execución.
Entrega do documento para a súa aprobación inicial: dous meses.
Informe de alegacións: quince días.
Elaboración do texto refundido, no suposto de resultar necesario para a súa remisión a informe da xunta: quince días.
Refundición do documento final: quince días.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do
seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.
Oleiros, 28 de setembro de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa

