Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 08 de outubro de 1999 Páx. 12.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de setembro de 1999, o proxecto técnico da obra de pavimentación Avda. Aldosende e mercado gandeiro, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servicios de competicia municipal POS-99, redactado polo enxeñeiro de Camiños Ángel Delegado Cid, cun orzamento de execución por contrata do 10.864.000 pesetas, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para efectos de exame e reclamacións.

Aprobado, así mesmo, polo mesmo órgano municipal e na mesma sesión o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación da obra pavimentación Avda. Aldosende e mercado gandeiro, incluída no Plan de Cooperación ás obras e servicios de competencia municipal 1999, polo procedemento aberto, forma de adxudicación, concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse o público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Simultaneamente, de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso de referencia, aínda que a licitación se aprazase no suposto de que se formulasen reclamacións contra o proxecto ou o prego de cláusulas administrativas, ata que sexan resoltas pola corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato: execución da obra incluída no proxecto de pavimentación Avda. Aldosende e mercado gandeiro.

3. Prazo de execución: seis (6) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 10.864.000 pesetas. IVE incluído.

6. Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (217.280 pesetas).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (434.560 pesetas).

7. Obtención de documentación e información.

-Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n. Paradela (Lugo). Teléfono: 982 54 11 01/96.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

-As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela das 9 ás 14 horas durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

-Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

-Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación a que se refire a cláusula 9.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusula 9.3.

10. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 do prego.

11. Apertura de ofertas: no salón de sesións da Casa do Concello de Paradela, ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de ser sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 16 de setembro de 1999.

Eliseo López Rodríguez

Alcalde en funcións