Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. Ponte Melo-Garda Civil.
Situación: Verín.
Descricións técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV de 410 metros de lonxitude en conductor
R.H.V-12/20 kV, con orixe en paso aerosubterráneo existente fronte á N-525, altura Garda Civil e remate no paso aéreo soterrado existente ó outro lado da N-525.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 8 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

