Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Fontecuberta-Barxa.
Situación: Celanova.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 30 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio que se vai intercalar entre os apoios nº 3 e 4 da L.M.T. a Olás de Vilariño e Entrambosríos e remate no C.T. aéreo proxectado de Barxa con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. Barxa de 749 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 8 de setembro de 1999.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

