Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de setembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar definitivamente o texto refundido da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na marxe dereita do río Miño entre as pontes Nova e Romana, con expresa consideración de mante-la posibilidade de realizar un aparcamento
no subsolo respectando os usos e determinacións da cualificación de parques e esparexementos.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Ourense, 13 de setembro de 1999.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente

