Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 3 de setembro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
O Concello Pleno acordou, por quince votos a favor e doce votos en contra, aprobar inicialmente a Ordenanza reguladora das actuacións de rehabilitación na área de rehabilitación integral do núcleo histórico de Ourense.
O dito expediente atópase no departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na praza Maior número 1, para, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de bases de réxime local, sometelo a exposición pública no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.
Ourense, 13 de setembro de 1999.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente

