Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 11 de outubro de 1999 Páx. 12.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da toma de coñecemento da presentación a esta administración municipal do proxecto de compensación da unidade de actuación número 29 do PXOU Ponte Bolera, formulado por José García Blanco e outros.

A comisión de Goberno, en sesión do 26-7-1999 acordou tomar coñecemento do acordo unánime dos propietarios de parcelas incluídas na unidade de actuación nº 29 do PXOU-Ponte Bolera, de presentación a esta admimistración municipal do proxecto de compensación da devandita unidade, equivalente á súa aprobación inicial, dispoñéndose o seu sometemento a información pública, polo prazo de vinte días, con citación persoal dos interesados e a través da correspondente publicación no BOP e Diario Oficial de Galicia, co fin de que se formulen as alegacións que se consideren procedentes, significándose que este concello optou pola compensación económica substitutoria do aproveitamento urbanístico non patrimonializable no proxecto de compensación;

non participa nos gastos de urbanización interior, de modo que a súa contía será de 8.724.387 pesetas, o que aceptaron tales propietarios. Así mesmo, acordou reiterar ós propietarios afectados o cumprimento do punto 3º da parte dispositiva do acordo adoptado polo Pleno da Corporación do 27-5-1999, é dicir, a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, facéndose constar que non se aprobará definitivamente o proxecto de compensación mentres non se formalice a devandita entidade urbanística.

Durante o prazo de vinte días, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (Fomento), na rúa Dona Teresa, s/n, a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 15 de setembro do 1999.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral