1. Poder adxudicador: Deputación Provincial da Coruña, rúa Alférez Provisional, s/n, 15003 a Coruña (España). Teléfono 981 18 33 00, fax 981 18 33 07. Expediente nº 99/8084 Servicio de Patrimonio e Contratación.
2. Obxecto do contrato: subministración de material informático con destino ó servicio de asistencia a municipios e ós concellos da provincia da Coruña integrados no Plan de Informatización Municipal.
Lugar de entrega e instalación: Servicio de Asistencia a Municipios e 84 concellos da provincia da Coruña integrados no Plan de Informatización Municipal.
Prazo de entrega e instalación: tres meses.
3. Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.
4. Orzamento de licitación:
73.275.862. ptas.= 440.396,80 euros (sen IVE).
85.000.000 de ptas.= 510.860,29 euros, IVE incluído ó 16%.
5. Garantías esixidas:
a) Garantía provisional: non se esixe.
b) Garantía definitiva: 3.400.000 ptas.= 20.434,41 euros.
6. A) Obtención de documentos: Deputación Provincial da Coruña, Servicio de Patrimonio e Contratación, rúa Alférez Provisional, s/n., 15003 A Coruña (España). Teléfono 981 18 33 00, fax 981 18 33 07.
B) Data límite de solicitude de documentos e información: 15 de novembro de 1999.
7. Requisitos específicos do contratista: ver cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares. Acreditar capacidade económica e financeira: informes de institucións financeiras. Capacidade técnica: relación de subministracións similares dos últimos tres anos. Referencias técnicas: memoria descritiva de cada un dos artigos e marcas, características técnicas, capacidade de producción e distribución das fábricas ou talleres, instalacións e sucursais; maquinaria e equipo do que dispoñen, número de persoal fixo e eventual, controis de calidade que se efectúen. Medios de transporte. Asistencia técnica. Compromiso de prazos de entrega e instalación. Catálogos, debuxos, folletos, fotografías ou vídeos dos bens que se oferten. Designación dun local no que se poidan examinar mostras dos bens. Compromiso de dispor dun representante oficial, concesionario ou distribuidor dos productos.
Forma xurídica: deberá reuni-los requisitos previstos no capítulo I do título II da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Agrupación temporal de empresas (declaración de porcentaxe de participación e designación do responsable ante a Administración).
8. A) Presentación das ofertas: coa documentación esixida na cláusula 9 do prego, ata as 13 horas do día 22 de novembro de 1999.
B) Enderezo: véxase punto 5.A).
C) Idioma: castelán ou galego.
D) Prazo de validez da oferta: tres meses.
E) Admisión de variantes: admítese un máximo de tres ofertas variantes ou alternativas.
9. A) Data, Lugar e hora da apertura de ofertas: 23-11-1999 ás 12 horas, na sede da Deputación Provincial, rúa Alférez Provisional, s/n, 15003 A Coruña (España).
B) Persoas admitidas á apertura: acto público.
10. Outras informacións: Servicio de Patrimonio e Contratación, teléfono 981 18 33 00, fax 981 18 33 07.
Modalidade de pagamento: da forma prevista na cláusula 24 do prego.
Criterios de adxudicación: ver cláusula 14 do prego.
Modelo de oferta económica:
D/Dª... con domicilio en... rúa... nº..., código postal..., teléfono..., fax... titular do NIF nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con NIF/CIF... e domicilio en..., rúa..., nº..., código postal..., teléfono... fax...) toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña para a subministración de material informático con destino ó servicio de asistencia a municipios e ós concellos da provincia da Coruña integrados no Plan de Informatización Municipal publicado con data do..., e fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas administrativas e técnicas que rexe o dito contrato e do que se compromete a realiza-la subministración con suxeición a este, polo importe que se sinala a seguir (IVE incluído).
Lote único... prezo (IVE incluído).
(adxuntar como anexo os prezos unitarios dos bens que integran cada lote):
Equipos servidores: ...pesetas.
Equipos de comunicacións: ...pesetas.
Bases de datos: ...pesetas.
Formación e asistencia técnica: ...pesetas.
En... o... de... de...
O licitador (asinado e rubricado)
11. Gastos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación ou diarios oficiais, así como os tributos que pesen sobre o contrato ou, se é o caso, sobre do obxecto do contrato.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 30 de setembro de 1999.
A Coruña, 27 de setembro de 1999.
José Luis Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
Luis Jaime Rodríguez Fernández
Secretario accidental da Deputación Provincial
da Coruña

