A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 2 de setembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de vía en Terra de Porto, tramitado por instancia de Ángel Parada Costa, en representación de Construcciones Eco-Grove, S.L.
Faise público de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, significando que contra o citado acto cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O Grove, 15 de setembro de 1999.
Miguel Ángel Pérez García
Alcalde

