Resolución do Concello de Melón (Ourense) pola que se anuncia a contratación da obra de abastecemento e saneamento na Hedreira e Vivenzo, por procedemento aberto concurso, en tramitación urxente.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-la obra de abastecemento e saneamento na Hedreira e Vivenzo, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución da obra de abastecemento e saneamento na Hedreira e Vivenzo.
2. Duración do contrato: catro meses.
3. Tipo de licitación: 5.828.111 pesetas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo ó orzamento municipal en vigor. A obra finánciase ó 100% ó abeiro do Decreto 118/1999, PIEL-99.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na Secretaría do Concello de Melón.
6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, por 116.562 pesetas.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.
9. Presentación de proposicións: ata o décimo terceiro día natural seguinte á última das publicacións do anuncio de licitación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.
10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do oitavo día hábil, non sábado, seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións.
11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXVI do prego de cláusulas.
Melón, 10 de setembro de 1999.
Celso Rodríguez Acuña
Alcalde

