Resolución do Concello de Melón (Ourense) pola que se anuncia a contratación da obra de iluminación pública en Melón, por procedemento aberto concurso, en tramitación urxente.
De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, por procedemento aberto, para adxudica-la obra de iluminación pública en Melón, conforme o seguinte contido:
1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución da obra de iluminación pública en Melón.
2. Duración do contrato: catro meses.
3. Tipo de licitación: 5.907.320 pesetas.
4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo ó orzamento municipal en vigor. A obra finánciase ó 100% ó abeiro do Decreto 118/1999, PIEL-99.
5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na Secretaría do Concello de Melón.
6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación, por 118.146 pesetas.
7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.
8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.
9. Presentación de proposicións: ata o décimo terceiro día natural seguinte á última das publicacións do anuncio de licitación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.
10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do oitavo día hábil, non sábado, seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións.
11. Modelo de proposición: o recollido na cláusula XXVI do prego de cláusulas.
Melón, 10 de setembro de 1999.
Celso Rodríguez Acuña
Alcalde

