Por acordo da Comisión de Goberno, do 15 de setembro de 1999, aprobouse inicialmente o proxecto da delimitación de Plan parcial sector A-3 de San Cibrao das Viñas, por instancia de Daniel Rodríguez Pérez e outros.
Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, a través da publicación de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a publicación no DOG, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
San Cibrao das Viñas, 21 de setembro de 1999.
Elisa Nogueira Méndez
Alcaldesa

