Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 19-10-1999 e do disposto nos artigos 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22

de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: restauración e consolidación estructural das cubertas da Torre dos Moreno.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: vintecinco millóns (25.000.000 de ptas., 150.253,02 euros) IVE incluído, con cargo á partida orzamentaria 99/463.632, plurianual: 1999, 2000 e 2001.

6. Prazo de execución: un ano.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 500.000 pesetas, (3.005,06 euros).

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato: 1.000.000 de ptas., (6.010,12 euros).

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo K, subgrupo 7, categoría c).

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo, se é o caso, mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 12 86 50, fax 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

12. Modelo de proposición:

D/a... veciño/a de..., con enderezo en ..., titular do DNI nº..., en nome propio (ou en reprentación de..., conforme acredito con poder suficiente), sabedor/a da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de restauración e consolidación estructural das cubertas da Torre dos Moreno manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de..., ptas. (en letra e número).

13. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 19 de outubro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde