Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 1999, aprobou inicialmente a modificación do parágrafo 4º do artigo 145.2º do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), que quedará redactado como segue:

«Quedan prohibidas as nivelacións do terreo que modifiquen as características naturais do solo e alteren a paisaxe, agás nos casos excepcionais de actividades extractivas e establecementos de beneficio vinculados a elas (fábricas de cemento, plantas de fabricación de formigón preparado, fábricas de procductos cerámicos para a construcción, fábricas de xesos e escaiolas, fábricas de prefabricados de formigón, de transformación de arxilas especiais, fábricas de caolín, plantas de recuperación de recursos mineiros disoltos, etc.) coas condicións previas de garantía que aseguren a adecuación final dos terreos explotados á paisaxe e de que os establecementos de beneficio que se licencien desaparecerán cando o faga a actividade estractiva principal».

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este Pazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión, sitas no prazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde