Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día da data acordou:

1º Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de Vilares Lugo, S.L., comprensivo dos predios números 437, 438-1 e 438-2 de Cacheiras, situados en Feros, de 3.820,67 m de superficie neta

total, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2º Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días e publicado no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 24 de setembro de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde