Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Concello de Vilanova de Arousa vai proceder á contratación, mediante concurso con procedemento aberto e urxente, da seguinte obra:

Obxecto: acondicionamento para uso peonil da praza dos Olmos-2ª fase.

Orzamento: 6.064.027 pesetas (IVE incluído).

Prazo de execución: 1 mes.

Proposicións: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados a partir do último dos anuncios que se publique no DOG ou no BOP.

Prego de condicións: poderase recoller no Negociado de Contratación do Concello, das 9 ás 13 horas.

Vilanova de Arousa, 15 de outubro de 1999.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde